Nos últimos anos, existe unha crecente preocupación
sobre a relación entre o uso do ordenador e os informes de dor e molestias nos
estudantes. Os investigadores indican que a maioría dos nenos/adolescentes
manteñen a postura inaceptable fronte o ordenador. Créese que os estilos de
vida e a utilización de novas tecnoloxías teñen unha influencia sobre dita dor
e malestar corporal.
Como os nenos crecen, e van a interactuar e usar estes dispositivos na maior parte
das súas vidas, a utilización saudable do mesmo pode ser vital para a prevención
e a redución da incidencia do malestar e a dor asociado cas novas
tecnoloxías.
Mentres as directrices para o uso do ordenador
para os adultos baséase na investigación científica, as directrices de uso que
dispoñemos para os nenos son as que se fan para os adultos debido a limitada investigación específica que existe para esa
franxa de idade. Desta maneira, os nenos teñen
que aumentar o esforzo para adaptarse ás mesas e equipos de traballo dos
adultos.
O uso indiscriminado das novas tecnoloxías pode por en
risco o desenrolo físico e harmónico dos nenos, debido á insuficiencia
ergonómica das estacións de traballo e o rendemento das posturas fixas e
incorrectas. A isto, debemos engadir o tempo dedicado ás actividades
sedentarias en lugar das físicas.
As molestias que refiren ós alumnos son principalmente no pescozo,
seguido dos ombreiros e dos dedos.
Existe pouca intervención ergonómica e educación postural
impulsada dende os entes públicos. As intervencións realizadas polos
diferentes autores nos indican que deben deseñarse programas dende idades
temperás e que se observan resultados estatisticamente
significativos na postura dos suxeitos.
Estas intervencións deben incluír:
- · O fomento da actividade física, para contrarrestar o efecto producido pola sedestación prolongada con uso deste dispositivo.
- · A mellora da postura (educación postural) durante as tarefas realizadas no ordenador.
- · A adecuación da estación de traballo: cadeira, escritorio, pantalla e o dispositivo de entrada de datos.
- · A indicación do correcto uso do ordenador portátil e o transporte do mesmo.
Tania García
(Fisioterapeuta e Lcda en Ciencias da Actividade física e do Deporte)
No hay comentarios:
Publicar un comentario