miércoles, 27 de noviembre de 2013

4. METODOLOXÍA LECTORA

Deberemos esforzarnos por conseguir un método de ensinanza que permita desenrolar e fortalecer a comprensión da lectura por medio de variadas estratexias pedagóxicas que na práctica se converten en xogos para aprender a ler, que promova o desenrolo da autoestima dos nenos, pois respecta e desenrola a súa personalidade: Guiará ó neno no seu descubrimento, ensinaralles a pensar, a buscar, a indagar a expresar o que descubriu. 

A lectura é o principal desenrolo intelectual dos nenos: Intentemos que os nosos fillos lean, que gocen do que leen e o primordial que entendan o que leen á vez que medran ca lectura. Que a lectura se converta nunha forma de actuar, porque hai moito que ler e ler conta. 

Maduremos ós nosos fillos co pracer da lectura!

Yolanda Fernández
(Profesora de Educación Musical).



lunes, 25 de noviembre de 2013

3. A LECTURA NOS FOGARES

Para comezar debemos ofrecerlles ós nosos pequenos un bo exemplo. Non cabe dúbida de que os fillos que na súa máis tenra infancia miran ler a seus pais comezan a sentir curiosidade dende pequenos e isto lles acaba acercando á lectura. Por tanto, podemos intentar fomentar o interese dos nosos fillos sentándoos cerca deles periodicamente mentres leemos un libro ou, simplemente, a prensa do día. Non cabe dúbida de que, ó contemplarnos, máis tarde ou máis cedo acabarán preguntándonos sobre o que leemos e iso será un bo método para transmitirlles o fantástico que pode resultar ler; o marabilloso mundo que se agocha detrás dos libros.

Tamén é importante que nos habituemos a relatar e expoñer contos na casa. Pode darse o caso que moitos pais se sintan incapaces de narrar unha historia. Nesas situacións, sempre se poderá recorrer ós libros tradicionais ou a contos espontáneos inventados.

Unha vez habituados a ler un conto diario, (antes de durmir, por exemplo) podemos intentar deixalo no capítulo máis interesante. (Tamén podemos axudarnos das NNTT e probar a adaptar o hábito á realidade. Poderemos axudarnos dun e-book que chamará de seguro máis a atención do neno.) Así ó día seguinte non só non lles custará tanto ir para á cama senón que estarán desexando que chegue o máxico momento da lectura. Isto axudará a propiciar que se respire un maior ambiente lector.

Yolanda Fernández
(Profesora de educación musical).

viernes, 22 de noviembre de 2013

2. A LECTURA NAS AULAS


 É moi importante incorporar o conto na Educación Primaria. Os contos desenrolan a percepción visual, habilidades e destrezas da competencia lingüística, podendo incluso, dramatizalos, o que permitirá desenrolar nos alumnos capacidades perceptivas, orais  e auditivas, de atención, concentración, memoria, vocabulario, pensamento...
Este tipo de actividades  deberían comezar dende a Educación Infantil, xa que os contos constitúen unha excelente motivación para a lectura. O conto favorece un desenvolvemento psicomotor, socio-afectivo e cognitivo, xa que a través deles, establécense unha relación cos estímulos literarios, plásticos, creativos, imaxinativos... poñendo en práctica unha ensinanza activa e participativa que permite o perfecto desenvolvemento da educación integral.

Moitas veces nos cuestionamos cómo conseguir un completo hábito lector no alumno. Deberemos lembrar que un bo hábito só comeza a desenrolarse cando na casa se soubo espertar un interese pola lectura. Deberemos respectar os seus gustos con atención, propoñer sen impoñer, ler demasiado en voz alta e escoitar con moita curiosidade.

Un aspecto importantísimo e saber motivalos dende moi curta idade. Aprender a ler é unha tarefa complicada e difícil e senón se produce unha boa motivación colateral, o neno só aprenderá a ler o que lle manden no colexio, sen máis, e xa non lle quedarán ganas de seguir esforzándose na casa, sobre todo cando, mirar a televisión, por exemplo, non require apenas esforzo e tamén é divertido. Na casa, polo tanto temos unha tarefa sumamente significativa e entretida entre mans.


Yolanda.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

A HISTORIA INVITA Á REALIDADE E A REALIDADE SERÁ LECTURA: 1.MEDRANDO CÁ LECTURA



A lectura é unha das actividades máis eficaces e importantes que o ser humano realiza ó longo da súa vida. En primeiro lugar, a lectura, do mesmo modo que todas as restantes actividades intelectuais, é unha actividade exclusiva e única dos seres humanos, únicos seres vivos capaces de desenrolar un sistema intelectual e racional avanzado. Polo tanto, a lectura é unha daquelas actividades que nos define do que somos fronte ó resto dos seres vivos. A lectura é unha actividade que polo xeral comeza a adquirirse moi lentamente dende moi temperán idade e se mantén de por vida, é dicir, non se perde co tempo.

Case común a todos os nenos e que senten máis atracción polas cancións populares, películas, videoxogos que polos contos, iso non quere dicir que os contos sexan aburridos, senón que só teñen uns obxectivos finais: comprensión, concentración, dicción, ton de voz, claridade, escoita, compromiso, atención, curiosidade, imaxinación, reflexión etc... cos que o neno moitas veces non está disposto a xogar dentro da súa rutina.

O obxectivo primordial é que inviten ós alumnos a poder gozalos, vivilos e experimentalos sen que o factor aburrimento se apodere da súa imaxinación. Calquera actividade pode ser máis amena e divertida, segundo a forma na que se traballe ou na metodoloxía utilizada, é ese será o obxectivo que deberemos perseguir.

Se lles inculca ós nenos a que lean dende moi novos, pero a maioría non quere ler e opina que os libros obrigados non son todo o motivadores que deberían e que rara vez os enrolan nese mundo imaxinativo é pracenteiro; un mundo de valores e sentimentos como é a lectura. Por iso, prefiren ler banda deseñada ou directamente néganse a ler.

Deste xeito, considero que se dende idades moi curtas lles ensinamos ós máis pequenos que existen estratexias, métodos e actividades para captar a atención e dedicación lectora, para darlle máis vida ó relato, é posible e case probable que os nenos cando sexan maiores aprecien e gocen da lectura.

A lectura ten que ser un elemento para divertir, motivar, desenrolar a imaxinación, a creatividade. Ó longo da nosa infancia estamos inmersos nun mundo onde non somos capaces de discernir entre fantasía e realidade. Pero grazas os contos podemos vivir experiencias, sensacións, emocións extraordinarias. A nosa finalidade, non é só que o neno atenda ó contido do relato, senón tamén a forma na que este se expresa, relacionando a historia coa vida real.


Hai unha afinidade entre a realidade e a palabra o desenrolarse ambas ó mesmo tempo. A incorporación da lectura e da realidade nas aulas, proporcionará unha diversidade de sensacións que doutro modo non se podería conseguir. Establécese un circuíto de retroalimentación; a historia invita á realidade e a realidade será lectura.


Yolanda.


domingo, 17 de noviembre de 2013

A ESCOLA QUE OS ALUMNOS QUEREN: Brightworks, unha escola extraordinaria.


Imaxinade unha escola extraordinaria:


Na que non hai aulas…
Na que os alumnos, non están separados por idades...
Na que non hai exames, nin tests, nin evaluacións...
Na que aprenden a partir das súas propias ideas, 
investigando no mundo real
e creando cás súas propias mans.


jueves, 14 de noviembre de 2013

ORIENTAR PARA O HUMANO: ENSINAR A PENSAR.

"Aprender sin pensar es esfuerzo perdido; pensar sin aprender, peligroso." 
Confucio.

O punto álxido de aprender a pensar está en aprender a aprender. Unha autonomía por parte do alumno que permita levar adiante un proceso de aprendizaxe mediante a creación das súas propias argumentacións, o desenrolo dun pensamento abstracto e hábil sen significar iso, a supresión da figura do docente. Este debe aprender a ensinar para conseguir a independencia pensante e autónoma sobre o educando, xa que a maior coñecemento, máis rica será a execución intelectual e máis eficaz.

Aprender a pensar axuda a mellorar o desempeño intelectual en materias abstractas, a elevar o rendemento escolar e a competencia en situacións sociais. O profesorado pode e debe trazar a importancia da participación, a exploración e o descubrimento como estratexias de coñecemento por parte dos alumnos.
Nos obxectivos xerais das áreas nesta etapa, inclúense especificamente diferentes aspectos do ensinar a pensar precisando un control cognitivo para planificar, controlar e aplicar ditas estratexias a outras situacións de aprendizaxe.

Caducou xa a etapa na que o educador era o coñecemento absoluto, a única fonte de información autorizada, o discurso pedagóxico, un dogma incuestionable no aula e na que os demais elementos non son válidos. O educador debe estar preparado para aprender a ensinar, ensinar a pensar. Este é un desafío significativo para a Nova  Educación, xa que non hai peor cego que o que non quere apreciar que a realidade mudou.

O educador debe reflexionar profundamente sobre esta realidade contextual e debe reconsiderarse cal debe ser o seu rol neste novo estado onde as necesidades variaron. Necesidades que non están en sintonía cos vellos hábitos, desconectados da realidade e perpetuados a través do tempo. Tempo pasado que se diluíu cambiando deste modo o escenario educativo, as necesidades do contexto e a concepción da figura do educador e do educando.

Para que se ensine a pensar, o docente primeiro debe aprender a ensinar, xa que non pode darse o que previamente non se tivo ou se adquiriu.

Probablemente ó largo do camiño haberá reticencias e resistencias, pero iso non pode paralizarnos para actuar e sempre deberemos avanzar.

A burocracia que opera en repetidas ocasións, símil dunha máquina que dificulta e que frea as decisións e que coñecen moi ben aqueles que presiden cargos directivos en establecementos escolares  e que forman parte da realidade. Debemos contemplalo para non estancarnos en meros discursos e para reaccionar con coraxe e determinación intervindo na realidade educativa ensinando a pensar con resistencias e reticencias, se é necesario.



Yolanda.

jueves, 24 de octubre de 2013

O MÉTODO ABN CHEGA ÁS AULAS

Algunha vez oíste falar do método de cálculo aberto baseado nos números (ABN)? Xa se practica en máis de douscentos colexios de España e de fóra de España. O seu éxito se aplica porque consegue uns resultados espectaculares: os nenos alcanzan un cálculo asombroso, ata dobrar a súa capacidade de resolución de problemas, sitúanse nun nivel de coñecementos moi por riba do que se creía que lle correspondía a súa idade, e por se todo o anterior fose pouco, os nenos entusiásmanse pola aprendizaxe matemática. 

Non é ningunha fantasía!


http://www.lacalesa.es/cms/abn

miércoles, 16 de octubre de 2013

RECURSOS TIC PARA NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS.

Un Sistema Educativo é de maior calidade cando é capaz de atender da mellor maneira posible ós alumnos con Necesidades Educativas Especiais. En calquera proxecto educativo, no vocabulario docente cotiá deben aparecer contemplados e formar parte os termos como inclusión, normalización, atención á diversidade.
O maior obxectivo educativo debe ser  avanzar na plena escolarización dos alumnos máis desfavorecidos por diferentes causas.


A continuación lle ofrecemos unha guía rápida de recursos TIC que axudará ós docentes a afrontar a súa tarefa para dar resposta o máis satisfactoria posible ó seu alumnado con Necesidades Educativas Especiais.

PROXECTO AZAHAR

AZAHAR é un conxunto de dez aplicacións sobre comunicación, ocio e planificación que, executadas a través do ordenador ou do teléfono móbil, axudan a mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con autismo e con discapacidade intelectual.
As aplicacións conteñen pictogramas, imaxes e sons que se poden adaptar a cada usuario, podendo utilizarse, ademais, novos pictogramas, fotos das propias persoas e dos seus familiares, así como a súas voces, etc...

PROXECTO APRENDER

PROXECTO APRENDER  vai dirixido a alumnos con dificultades de aprendizaxe independentemente de cal sexa a súa causa ou orixe. A súa finalidade é dar resposta segundo ás necesidades que presenten os alumnos en función do nivel de competencia curricular que posúan e do grao de autonomía que poidan presentar.


AULA PT

AULA PT atopamos material para traballar con alumnos con Necesidades Educativas Especiais e que pode ser moi útil para o profesor-titor na súa aula dende a Educación Infantil  ata a Secundaria, clasificados por áreas de aprendizaxe e unidades didácticas adaptadas.


CATÁLOGO DE SOLUCIÓNS TIC PARA O ALUMNADO CON NEAE











Este enlace web (http://www.ticne.es/index.php) nos axudará a atopar ferramentas de avaliación empregados na avaliación diagnóstica.




GUÍA MULTIMEDIA DE RECURSOS EDUCATIVOS PARA ALUMNOS CON NEE

Nesta guía completa atoparemos recursos para o profesorado e actividades para o alumnado con NEE.




A ATENCIÓN DO ALUMNADO CON DISLEXIA NO SISTEMA EDUCATIVO NO CONTEXTO DAS NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO


Este estudo constitúe un riguroso acercamento ó tratamento no sistema educativo español nas dificultades específicas de aprendizaxe en xeral, e da dislexia en particular, cunha visión de conxunto das diferentes actuacións das Administracións Educativas Españolas.

PROXECTO “EMOCIONES”

O PROXECTO “EMOCIONES” é unha aplicación que axuda ó desenrolo da empatía nos nenos con autismo











Os obxectivos desta guía son:
 
-Comprender a educadores e mozos  os problemas que plantexan os diferentes tipos de discapacidades e cómo enfrontarse a elas de forma lúdica e divertida por un lado e consciente e responsable por outro.

-Poñer en mans dos educadores de secundaria un instrumento pedagóxico para educar e comprender a discapacidade.

A guía consta de dúas partes, unha primeira onde se establecen os obxectivos xerais para a etapa e a unha segunda que está centrada a xogos e actividades.





martes, 24 de septiembre de 2013

"Me lo enseñaron y lo olvidé, lo leí y lo entendí, lo hice y lo aprendí." Confucio



Ensaia, experimenta, traballa, mellora, entrena, corrixe, proba… Práctica, práctica e práctica!

A teoría está moi ben para fundamentar os principios da acción, pero só ca execución e ca realización se aprende e se mellora constantemente.

Ensaia, experimenta, traballa, mellora, entrena, corrixe, proba…Práctica, práctica e práctica!

Só así interiorizarás as boas prácticas e os bos hábitos e iso, será o principio da túa transformación!

Grupo GIES-10.

miércoles, 18 de septiembre de 2013

A UNIÓN FAI A FORZA!


Se este ano antes de comezar o novo curso, pensaches que por fin, serás responsable, que farás todas as tarefas sen protestar, que te sentarás na primeira fila e escoitarás ó profesor como se dun adestrador de fútbol se tratase, que estudarás para ter o verán libre, que non deixarás nada para o último momento, espertándote pola mañá feliz ca túa maleta para ir ó colexio. Agora é o momento de poñer todo iso en práctica e comezar o curso co pé dereito, reconsiderándote se de verdade estás feito un home de palabra, capaz de asumir aquilo que te propós.
Neste blog atoparás todo aquilo que necesitas para conseguir os teus obxectivos e demostrarte a ti mesmo e os demais que querer é poder, sabendo cómo facelo.

Para todos aqueles pais que non conseguen ter fillos responsables porque a nai natureza non se lembrou deles, aqueles pais que se senten perdidos, angustiados, que xa non saben cómo comportarse co seu fillo e están a punto de tirar a toalla neste blog teñen a súa disposición estratexias, axuda e consellos para solucionar o que a nai natureza ás veces esquece por mor do abarrotamento de traballo que se trae entre mans. Ás veces a pobre, non da abasto.


E para finalizar para todos aqueles educadores, que seguen pensando que todos os alumnos serven para estudar, que non sempre ten toda a culpa do seu fracaso para eles tamén temos material.
Cada alumno é un mundo e o mundo é de todos e para todos!
Así que fagamos todo o posible porque todos os nenos teñan a mesma igualdade de oportunidades, de condicións dentro das súas características persoais e entre todos fagamos que a educación do neno sexa o importante.
Para todos aqueles mestres que comezan a súa andaina educativa e non teñen experiencia dabondo para comezar a andar só, neste blog lle adxuntamos material para que poida desenvolver a súa docencia da maneira máis eficaz posible.
O importante non é saber de onde sae a utilidade, senón de utilizar as ferramentas idóneas para conseguir o mellor dos resultados para cada neno. Todos os nenos teñen algo e ese algo é necesario potencialo, descubrilo.
Esa é a nosa labor!


Ánimo a todos no comenzo deste novo e inovador curso lectivo.

Saúdos!


Yolanda.

jueves, 23 de mayo de 2013