QUEN SOMOS



PRESENTACIÓN DO GRUPO

O Grupo de Investigación en Educación, Deporte e Saúde está composto por doutores e alumnado predoutoral da Universidade de Vigo así como por profesionais destes ámbitos que colaboran de maneira puntual nos diferentes proxectos de innovación Educativa ou de investigación.

O perfil dos investigadores é multidisciplinar, encontrándose ubicados en tres campos científicos: educación, deporte, psicoloxía e saúde.

En concreto establécense fundamentalmente dúas líneas de acción:
Estamos deseñando xunto coa comunidade educativa dos diferentes centros escolares diversos proxectos de innovación educativa basada en comunidades de aprendizaxe. Estes proxectos teñen como obxectivo unha educación inclusiva de calidade que parta dunha avaliación diagnóstica da propia comunidade educativa co fin de acadar as competencias clave. Se deseñan, implementan e avalían os diferentes proxectos para determinar a súa eficacia e replicabilidade. 

Investigamos os efectos positivos da actividade física ou da dramaterapia en diversas poboacións (ámbito escolar, centros da terceira idade,  centros cívicos-sociais, asociacións de enfermos mentais, etc.) insertando programas sobre estas temáticas.  

GRUPO DE INVESTIGACIÓN GIES-10




DEFINICIÓN DE PROGRAMAS

1. INNOVACIÓN EDUCATIVA


Os programas do grupo Gies-10 (En(red)ámonos) xurden dende a necesidade de dar resposta as demandas da comunidade educativa coa finalidade de aumentar os niveis de motivación e conquerir as competencias clave. 

Diferentes Comunidades Educativas, coa axuda do grupo de Investigación da Universidade de Vigo GIES-10, pretenden facer un esforzo para superar algúns dos atrancos máis habituais no proceso de ensinanza-aprendizaxe ligados a desmotivación docente e discente e a desvinculación do currículum do propio contexto social e cultural do alumnado.
De feito na  actualidade existe unha tendencia a reducir o proceso de ensinanza-aprendizaxe das materias a contar aos estudiantes o que o profesor domina e a avaliar o que o alumnado lembra dos coñecementos transmitidos.
Nembergantes, a maioría dos contidos que se transmiten na ensinanza obrigatoria son facilmente localizables e asequibles en calquera base de datos. É máis, moitos dos nosos alumnos teñen en algúns casos un dominio de algunhas competencias maior co seu profesorado.
Por qué non plantexarnos superar o modelo sumativo de formación de profesorado que parte da hipótesis errónea de que unha boa formación científica do profesorado unida a una formación psicopedagóxica xeral son suficientes para unha boa formación docente?
De feito, sabemos que tanto o profesorado en formación inicial como permanente teñen dificultades para adaptar as estratexias metodolóxicas que se aprenden en abstracto na aula universitaria ou en un curso específico á dinámica ordinaria da aula.
No ámbito educativo somos conscientes de que para progresar no camiño cara a unha efectiva atención a diversidade, é inevitable desenrolar unha ensinanza que teña en conta as diferenzas individuais existentes entre o alumnado, moi vinculadas a intereses, necesidades, aptitudes, potencialidades e estilos de aprendizaxe particulares do educando. Características, que os fai únicos e diferenciados.
Por iso o programa EN (RED) ÁMONOS ten como obxectivo implicar a toda a comunidade educativa no deseño do currículum, as características do entorno natural e social onde se desenvolve o individuo e partir dos seus recursos para solucionar as problemáticas reais dese contexto que lle é propio e cercano.
Neste traballo colaborativo entre toda a comunidade (Concellos, Radios locais, AMPAS, Centro de Iniciativas Turísticas, Centros Sociais, Institucións de diversas características,  etc.).
É dicir, partindo dunha estratexia de investigación-accción colaborativa toda a comunidade educativa realizará unha análise reflexiva e crítica para a interpretación de datos na aula co fin de darlle significado e aportar solucións.
O obxectivo é que o alumnado aprenda investigando para aportar soluciones ás problemáticas de seu propio contexto (parroquia, concello, comarca, etc.) e cas cales se atopa na súa vida diaria para despois poxectar na comunidade os novos aprendizaxes.

Despois de realizar unha avaliación de necesidades entre a Comunidade Educativa e en función das temáticas priorizadas definiranse os diferentes proxectos que se implementarán e que, normalmente, están relacionados co patrimonio cultural, etnográfico, social e económico da Comarca ou do concello e por outro teñen en conta as problemáticas do entorno máis inmediatas.

2. SAÚDE

No hay comentarios:

Publicar un comentario