sábado, 22 de diciembre de 2012

El profesor Layton un gimnasio para tu cerebro.

"Por eso, cuando muchos padres se preguntan, ¿se aísla el que juega a los videojuegos ? noooo, en absoluto! 

"Si dejaras de buscar problemas, dejarías de producir neuronas y te extinguirías.

¿Y tú, buscas problemas?"


http://www.youtube.com/watch?v=MebATYAu6D8&feature=g-user-u



miércoles, 12 de diciembre de 2012

EDUCACIÓN A TRAVÉS DE PELÍCULAS


No seguinte listado podedes atopar películas sobre diferentes temáticas educativas que podesdes traballar na aula ou invitar as familias a velas cos seus fillos e despois comentalas.


"Diarios de la Calle"
"Rebelión en las aulas"
"Adiós Mr. Chip"
"Camino a casa"
"Escenas inolvidable"
"El Milagro de Ana Sullivan"
"Ni uno menos"
"El club de los poetas muertos"
"Profesor Holland"
"Semilla de maldad"
"Conrack"

 É unha recopilación  de esceas inspiradoras e emotivas feita por Luis Pérez  onde o protagonista é un profesor e a educación o fío condutor do argumento.


http://aula21.net/aulablog21/archives/2012/12/12/las-mejores-peliculas-sobre-educacion/

jueves, 6 de diciembre de 2012

REPLANTEXAR A EDUCACIÓN



Replantexar a Educación: Nova estratexia da Comisión Europea

A comisión Europea presentou o pasado 20 de novembro unha estratexia denominada "Replantexar a Educación" ("Rethinking Education") con un único obxectivo "animar aos Estados membros a que tomen medidas inmediatas destinadas a garantir que os xoves desenvolvan as capacidades e competencias precisas para o mercado de traballo e para alcanzar os seus obxectivos en materia de crecemento e emprego."

O blog Europa/TIC do Ministerio de Educación resume os puntos máis relevantes desta estratexia en relación coas novas tecnoloxías, que son vistas como unha gran oportunidade para "mellorar a calidade, accesibilidade e equidade da educación e a formación". Concretamente, na Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, o punto 5 das "Prioridades para os estados membros" trata sobre "Intensificar o uso da aprendizaxe asistida por TIC e o acceso a REA (Recursos Educativos Abertos) de alta calidade" e inclúe as seguintes accións:
  • Modernizar a infraestrutura de TIC nas escolas.
  • Apoiar as prácticas de ensinanza e avaliación baseadas nas TIC.
  • Fomentar a transparencia dos dereitos  e obrigas dos usuarios de contidos dixitalizados.
  • Establecer mecanismos para validar e recoñecer as capacidades e competencias adquiridas mediante REA.
  • Apoiar aos centros de educación e formación para que adapten os seus modelos de funcionamento á aparición dos REA.
Tamén se fai fincapé en:
  • Desenvolvemento de capacidades transversais e capacidades básicas a todos os niveis. Isto aplícase especialmente ás capacidades empresariais e en materia de TIC.
  • Un novo parámetro de referencia sobre a aprendizaxe de idiomas: de aquí a 2020 ó menos o 50 % dos xoves de 15 anos deben coñecer unha primeira lingua estranxeira (un 42 % actualmente) e a lo menos o 75 % deben estudar unha segunda lingua estranxeira (un 61 % actualmente).
  • É preciso inverter para construír sistemas de educación e formación profesional de calidade mundial e aumentar os niveis de aprendizaxe no posto de traballo.
  • Os Estados membros deben mellorar o recoñecemento das cualificacións e capacidades, incluídas as adquiridas a marxe dos sistemas de educación e formación formais.
  • A tecnoloxía, en particular internet, debe aproveitarse plenamente. As escolas, as universidades e os centros de formación profesional e deben mellorar o acceso á educación a través de recursos educativos abertos.
  • Estas reformas deben recibir o apoio de profesores ben formados, motivados e emprendedores.
  • As necesidades de financiación deben estar orientadas a maximizar o rendemento das inversións. É preciso un debate a nivel nacional e da UE sobre a financiación da educación, especialmente da formación profesional e a educación superior.
  • É esencial adoptar un enfoque asociativo. Tanto a financiación pública como a financiación privada son precisas para impulsar a innovación e aumentar a interacción entre o mundo académico e as empresas."
Máis información:

EDUCATION & TRAINING 

 PÁXINA DO MINISTERIO SOBRE O TEMA: 



DOCUMENTO COMPLETO EN CASTELÁN


miércoles, 10 de octubre de 2012

Así consegue Finlandia ser o número 1 en Educación en Europa. O país nórdico lidera o informe PISA con unha ensinanza de balde que pon en Primaria aos profesores máis preparados.


Os nenos finlandeses de hoxe estarán o día de mañá entre os profesionais máis preparados do mundo. Non no lo predice ningunha bola de cristal, o auguran datos obxectivos.
Dende que a OCDE comezara o ano 2000 a elaborar o seu informe PISA, Finlandia acaparou os primeiros postos do podio en Europa polo seu excelente nivel educativo.

Apenas un 8% dos alumnos finlandeses non rematan os seus estudos obrigatorios, fronte a un 30% de españois que non rematan o Bacharelato. Disposto a dar coa clave do éxito finlandés, o sicólogo escolar e entón director do colexio Claret de Barcelona, Javier Melgarejo, comezou a estudar a seu sistema educativo fai máis dunha década. A súa primeira sorpresa foi constatar que aos 4 e 5 anos menos da metade dos nenos finlandeses
acoden as garderías e non comezan o colexio ata os 7 anos. Dous anos despois, as súas puntuacións son mellores que o resto dos países estudados pola OCDE.

Durante os primeiros seis anos da primaria os nenos teñen en todas o una maioría das materias co mesmo mestre, que vela por que ningún alumno quede excluído.
É unha maneira de fortalecer a súa estabilidade emocional e a súa seguridade. Ata 5º non hai cualificacións numéricas. Non se busca fomentar a competencia entre alumnos nin as comparacións.

A educación é de balde dende preescolar ata a universidade, inclúe as clases, o comedor, os libros e ata o material escolar, ca única condición de que se alguén o perde estará obrigado a pagalo.
A xornada escolar comeza as 8.30-9 da mañá ata as 3 da tarde, con un paréntese do almorzo ás 12-12.30 horas. En total, suman 608 horas lectivas en primaria fronte as 875 horas de España, con deberes na casa que non son excesivos.
Como conseguen mellores resultados en menos tempo?
“ O éxito finlandés se debe a que encaixan tres estruturas: a familia, a escola e os recursos socioculturais (bibliotecas, ludotecas, cines…)”, explica Megarejo. Os tres engranaxes están ligados e funcionan de forma coordinada. “Os pais teñen a convicción
De que son os primeiros responsables da educación dos seus fillos, por diante da escola” e complementan o esforzo que se fai no colexio.

“En Finlandia o 80% das familias van a biblioteca ao fin de semana”, engade o sicólogo escolar catalán, para quen este estímulo da lectura na casa resulta fundamental.
O sistema social finlandés contribúe con numerosas axudas oficiais ás familias, que poden conciliar o seu traballo e a atención os seus fillos.
El sistema social finlandés contribúe con numerosas axudas oficiais ás familias, que poden conciliar o seu traballo e a atención aos seus fillos.

Existe unha herdanza cultural luterana baseada na responsabilidade que fomenta a disciplina e o esforzo á que tamén acompaña unha climatoloxía que empurra a encerrarse na casa, pero estes factores tamén están presentes noutros países veciños, como Suecia ou Dinamarca, que gozan de maior nivel económico e sen embargo figuran varios postos por debaixo en PISA. “Non son variables socioeconómicas as determinantes”, subliña Melgarejo.

 

De mestres, os mellores

A diferenza radica na elevada cualificación académica do profesorado en Finlandia, principalmente na educación primaria. “Os finlandeses consideran que o tesouro da nación son os seus nenos e os poñen en mans dos mellores profesionais do país”, destaca o exdirector do colexio Claret de Barcelona.
Os mellores docentes se sitúan nos primeiros anos de ensinanza, onde se aprenden os fundamentos de todos os posteriores aprendizaxes. Se considera que  cara os 7 anos o alumno se atopa na fase máis manexable e é cando realiza algunhas das conexións mentais fundamentais que o estruturarán toda a vida. Por iso, se considera esencial seleccionar a quen axudará neste proceso.
Para ser mestre se necesita unha cualificación de máis dun 9 sobre 10 nas súas medias de bacharelato e de reválida e se require ademais unha gran dose de sensibilidade social (se valora a súa participación en actividades sociais, voluntariado...). Cada universidade escolle despois aos seus aspirantes a profesores con unha entrevista para valorar a súa capacidade de comunicación e de empatía, un resumen da lectura dun libro, una explicación dun tema ante unha clase, unha demostración de aptitudes artísticas, unha proba de matemáticas e outra de aptitudes tecnolóxicas. «Son as probas máis duras de todo o país», asegura Melgarejo. O proceso de selección lle sigue unha exixente licenciatura e períodos de prácticas.
Non é de estrañar que os profesores sexan os mellores considerados socialmente en Finlandia. «É un honor nacional ser mestre de Primaria», asegurou o pasado 25 de setembro en Madrid Jari Lavonen, director do Departamento de Formación ao Profesorado da Universidade de Helsinki.
Harri Skog, secretario de Estado de Educación de Finlandia desde 2006, resumía nunha frase a importancia deste proceso: «A educación é a chave para o desenrolo dun país». Por iso o país nórdico lle dedica  do 11 ao 12% dos presupostos do estado e dos concellos a financiar este modelo de educación. «É unha política intelixente que lles da froito», considera Melgarejo, sen as presións de Corea o Xapón, outros países destacados en PISA.

lunes, 4 de junio de 2012

O próximo venres 8 de xuño estará connosco na radio Tui, como sempre sobre as 11, Vicente Romo que se centrará nas recomendacións da actividade física. Un saúdo contamos convosco.

lunes, 28 de mayo de 2012

O vindeiro venres 1 de xuño, estará connosco na Radio Tui a doutora Myriam Alvariñas. O tema no que se centrará esta semana será a actividade física, saúde e muller nas distintas etapas madurativas. Contamos coa vosa presenza. Un saúdo dende o Gies 10.

lunes, 14 de mayo de 2012

O próximo venres 18 de maio, estará na radio Tui as 11, Jorge Soto, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Facerá un breve recorrido sobre os usos educativos de internet. A familia e a escola na sociedade do coñecemento. Espero que vos guste. Que teñades unha feliz semana. Un saúdo dende o Gies10.

lunes, 7 de mayo de 2012

O vindeiro venres 11 de Maio estará entorno as 11 en radio Tui a Doutora Águeda Gutiérrez do Grupo Gies10, informándonos sobre os hábitos na práctica da actividade físico-deportiva. Non volo perdades!!! Un saúdo dende o Grupo Gies 10

jueves, 26 de abril de 2012

O vindeiro 4 de Maio Xornada de Presentación dos Grupos de Investigación da Rede Ries na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. En horario de 10 a 14.00h poden asistir profesores en activo, titulados en Maxisterio que cursen Máster ou alumnos do último curso de Grado. Un sáudo! GIES10
Mañá en Radio Tui sobre as 11, asistirá Miguel Ángel Santos Rego, Catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Non vós perdades a entrevista! Saúdos dende o Gies10

miércoles, 25 de abril de 2012

Onte a Doutora María Teresa Domínguez Pérez asistíu ó curso de 1º de Educación Primaria da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para expoñerlle ós alumnos, o moito que ela sabe, sobre o Deseño de Actividades por competencias. Gran éxito entre o alumnado universitario! Parabéns!

jueves, 12 de abril de 2012

Vindeiros Roteiros pola Eurocidade Tui-Valença


- 14 de abril: Trilho do Real (Concello de Valença)
- 29 de abril: Camiño do Mosteiro (Concello de Tui)
- 12 de maio: Trilho de Mosteiró (Concello de Valença)
- 9 de xuño: Trilho Caminho Santiago (Concello de Valença e Tui)
- 24 de xuño: Castro Alto dos Cubos (Concello de Tui)
- 14 de xullo: Trilho Entre-Mosteiros – nocturno (Concello de Valença)
- 8 de setembro: Trilho das Muralhas (Concello de Valença)
- 30 de setembro: Gpr19 (Concello de Tui)
- 13 de outubro: Trilho do Castelo da Furna (Concello de Valença)
- 28 de outubro: Muíños de Paredes (Concello de Tui)
- 10 de novembro: Trilho da Bolça Velha (Concello de Valença)
- 8 de decembro: Trilho da Mina de S. Silvestre (Concello de Valença)

martes, 7 de febrero de 2012


Este blog pretende ser unha nova vía de comunicación entre toda a 
comunidade educativa para compartir experiencias, materiais, espazos 
e ideas co fin de axudar ao alumnado no dominio das diferentes 
competencias básicas.
Por iso, partiremos das múltiples posibilidades que ten o noso entorno 
para o deseño do curriculum dos diferentes cursos de educación 
infantil, primaria e secundaria.
O obxectivo é: Establecer redes de colaboración entre todos os
implicados na labor educativa: familias, institucións, profesores e
alumnado e crear recursos que axuden aos nenos a pensar e solucionar os problemas que se vai atopar na sua vida cotiá.