sábado, 22 de diciembre de 2012

El profesor Layton un gimnasio para tu cerebro.

"Por eso, cuando muchos padres se preguntan, ¿se aísla el que juega a los videojuegos ? noooo, en absoluto! 

"Si dejaras de buscar problemas, dejarías de producir neuronas y te extinguirías.

¿Y tú, buscas problemas?"


http://www.youtube.com/watch?v=MebATYAu6D8&feature=g-user-u



miércoles, 12 de diciembre de 2012

EDUCACIÓN A TRAVÉS DE PELÍCULAS


No seguinte listado podedes atopar películas sobre diferentes temáticas educativas que podesdes traballar na aula ou invitar as familias a velas cos seus fillos e despois comentalas.


"Diarios de la Calle"
"Rebelión en las aulas"
"Adiós Mr. Chip"
"Camino a casa"
"Escenas inolvidable"
"El Milagro de Ana Sullivan"
"Ni uno menos"
"El club de los poetas muertos"
"Profesor Holland"
"Semilla de maldad"
"Conrack"

 É unha recopilación  de esceas inspiradoras e emotivas feita por Luis Pérez  onde o protagonista é un profesor e a educación o fío condutor do argumento.


http://aula21.net/aulablog21/archives/2012/12/12/las-mejores-peliculas-sobre-educacion/

jueves, 6 de diciembre de 2012

REPLANTEXAR A EDUCACIÓN



Replantexar a Educación: Nova estratexia da Comisión Europea

A comisión Europea presentou o pasado 20 de novembro unha estratexia denominada "Replantexar a Educación" ("Rethinking Education") con un único obxectivo "animar aos Estados membros a que tomen medidas inmediatas destinadas a garantir que os xoves desenvolvan as capacidades e competencias precisas para o mercado de traballo e para alcanzar os seus obxectivos en materia de crecemento e emprego."

O blog Europa/TIC do Ministerio de Educación resume os puntos máis relevantes desta estratexia en relación coas novas tecnoloxías, que son vistas como unha gran oportunidade para "mellorar a calidade, accesibilidade e equidade da educación e a formación". Concretamente, na Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, o punto 5 das "Prioridades para os estados membros" trata sobre "Intensificar o uso da aprendizaxe asistida por TIC e o acceso a REA (Recursos Educativos Abertos) de alta calidade" e inclúe as seguintes accións:
  • Modernizar a infraestrutura de TIC nas escolas.
  • Apoiar as prácticas de ensinanza e avaliación baseadas nas TIC.
  • Fomentar a transparencia dos dereitos  e obrigas dos usuarios de contidos dixitalizados.
  • Establecer mecanismos para validar e recoñecer as capacidades e competencias adquiridas mediante REA.
  • Apoiar aos centros de educación e formación para que adapten os seus modelos de funcionamento á aparición dos REA.
Tamén se fai fincapé en:
  • Desenvolvemento de capacidades transversais e capacidades básicas a todos os niveis. Isto aplícase especialmente ás capacidades empresariais e en materia de TIC.
  • Un novo parámetro de referencia sobre a aprendizaxe de idiomas: de aquí a 2020 ó menos o 50 % dos xoves de 15 anos deben coñecer unha primeira lingua estranxeira (un 42 % actualmente) e a lo menos o 75 % deben estudar unha segunda lingua estranxeira (un 61 % actualmente).
  • É preciso inverter para construír sistemas de educación e formación profesional de calidade mundial e aumentar os niveis de aprendizaxe no posto de traballo.
  • Os Estados membros deben mellorar o recoñecemento das cualificacións e capacidades, incluídas as adquiridas a marxe dos sistemas de educación e formación formais.
  • A tecnoloxía, en particular internet, debe aproveitarse plenamente. As escolas, as universidades e os centros de formación profesional e deben mellorar o acceso á educación a través de recursos educativos abertos.
  • Estas reformas deben recibir o apoio de profesores ben formados, motivados e emprendedores.
  • As necesidades de financiación deben estar orientadas a maximizar o rendemento das inversións. É preciso un debate a nivel nacional e da UE sobre a financiación da educación, especialmente da formación profesional e a educación superior.
  • É esencial adoptar un enfoque asociativo. Tanto a financiación pública como a financiación privada son precisas para impulsar a innovación e aumentar a interacción entre o mundo académico e as empresas."
Máis información:

EDUCATION & TRAINING 

 PÁXINA DO MINISTERIO SOBRE O TEMA: 



DOCUMENTO COMPLETO EN CASTELÁN