miércoles, 10 de octubre de 2012

Así consegue Finlandia ser o número 1 en Educación en Europa. O país nórdico lidera o informe PISA con unha ensinanza de balde que pon en Primaria aos profesores máis preparados.


Os nenos finlandeses de hoxe estarán o día de mañá entre os profesionais máis preparados do mundo. Non no lo predice ningunha bola de cristal, o auguran datos obxectivos.
Dende que a OCDE comezara o ano 2000 a elaborar o seu informe PISA, Finlandia acaparou os primeiros postos do podio en Europa polo seu excelente nivel educativo.

Apenas un 8% dos alumnos finlandeses non rematan os seus estudos obrigatorios, fronte a un 30% de españois que non rematan o Bacharelato. Disposto a dar coa clave do éxito finlandés, o sicólogo escolar e entón director do colexio Claret de Barcelona, Javier Melgarejo, comezou a estudar a seu sistema educativo fai máis dunha década. A súa primeira sorpresa foi constatar que aos 4 e 5 anos menos da metade dos nenos finlandeses
acoden as garderías e non comezan o colexio ata os 7 anos. Dous anos despois, as súas puntuacións son mellores que o resto dos países estudados pola OCDE.

Durante os primeiros seis anos da primaria os nenos teñen en todas o una maioría das materias co mesmo mestre, que vela por que ningún alumno quede excluído.
É unha maneira de fortalecer a súa estabilidade emocional e a súa seguridade. Ata 5º non hai cualificacións numéricas. Non se busca fomentar a competencia entre alumnos nin as comparacións.

A educación é de balde dende preescolar ata a universidade, inclúe as clases, o comedor, os libros e ata o material escolar, ca única condición de que se alguén o perde estará obrigado a pagalo.
A xornada escolar comeza as 8.30-9 da mañá ata as 3 da tarde, con un paréntese do almorzo ás 12-12.30 horas. En total, suman 608 horas lectivas en primaria fronte as 875 horas de España, con deberes na casa que non son excesivos.
Como conseguen mellores resultados en menos tempo?
“ O éxito finlandés se debe a que encaixan tres estruturas: a familia, a escola e os recursos socioculturais (bibliotecas, ludotecas, cines…)”, explica Megarejo. Os tres engranaxes están ligados e funcionan de forma coordinada. “Os pais teñen a convicción
De que son os primeiros responsables da educación dos seus fillos, por diante da escola” e complementan o esforzo que se fai no colexio.

“En Finlandia o 80% das familias van a biblioteca ao fin de semana”, engade o sicólogo escolar catalán, para quen este estímulo da lectura na casa resulta fundamental.
O sistema social finlandés contribúe con numerosas axudas oficiais ás familias, que poden conciliar o seu traballo e a atención os seus fillos.
El sistema social finlandés contribúe con numerosas axudas oficiais ás familias, que poden conciliar o seu traballo e a atención aos seus fillos.

Existe unha herdanza cultural luterana baseada na responsabilidade que fomenta a disciplina e o esforzo á que tamén acompaña unha climatoloxía que empurra a encerrarse na casa, pero estes factores tamén están presentes noutros países veciños, como Suecia ou Dinamarca, que gozan de maior nivel económico e sen embargo figuran varios postos por debaixo en PISA. “Non son variables socioeconómicas as determinantes”, subliña Melgarejo.

 

De mestres, os mellores

A diferenza radica na elevada cualificación académica do profesorado en Finlandia, principalmente na educación primaria. “Os finlandeses consideran que o tesouro da nación son os seus nenos e os poñen en mans dos mellores profesionais do país”, destaca o exdirector do colexio Claret de Barcelona.
Os mellores docentes se sitúan nos primeiros anos de ensinanza, onde se aprenden os fundamentos de todos os posteriores aprendizaxes. Se considera que  cara os 7 anos o alumno se atopa na fase máis manexable e é cando realiza algunhas das conexións mentais fundamentais que o estruturarán toda a vida. Por iso, se considera esencial seleccionar a quen axudará neste proceso.
Para ser mestre se necesita unha cualificación de máis dun 9 sobre 10 nas súas medias de bacharelato e de reválida e se require ademais unha gran dose de sensibilidade social (se valora a súa participación en actividades sociais, voluntariado...). Cada universidade escolle despois aos seus aspirantes a profesores con unha entrevista para valorar a súa capacidade de comunicación e de empatía, un resumen da lectura dun libro, una explicación dun tema ante unha clase, unha demostración de aptitudes artísticas, unha proba de matemáticas e outra de aptitudes tecnolóxicas. «Son as probas máis duras de todo o país», asegura Melgarejo. O proceso de selección lle sigue unha exixente licenciatura e períodos de prácticas.
Non é de estrañar que os profesores sexan os mellores considerados socialmente en Finlandia. «É un honor nacional ser mestre de Primaria», asegurou o pasado 25 de setembro en Madrid Jari Lavonen, director do Departamento de Formación ao Profesorado da Universidade de Helsinki.
Harri Skog, secretario de Estado de Educación de Finlandia desde 2006, resumía nunha frase a importancia deste proceso: «A educación é a chave para o desenrolo dun país». Por iso o país nórdico lle dedica  do 11 ao 12% dos presupostos do estado e dos concellos a financiar este modelo de educación. «É unha política intelixente que lles da froito», considera Melgarejo, sen as presións de Corea o Xapón, outros países destacados en PISA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario