
Tamén é importante que nos habituemos a
relatar e expoñer contos na casa. Pode darse o caso que moitos pais se sintan
incapaces de narrar unha historia. Nesas situacións, sempre se poderá recorrer ós
libros tradicionais ou a contos espontáneos inventados.
Unha vez habituados
a ler un conto diario, (antes de durmir, por exemplo) podemos intentar deixalo
no capítulo máis interesante. (Tamén podemos axudarnos das NNTT e probar a
adaptar o hábito á realidade. Poderemos axudarnos dun e-book que chamará de
seguro máis a atención do neno.) Así ó día seguinte non só non lles custará
tanto ir para á cama senón que estarán desexando que chegue o máxico momento da
lectura. Isto axudará a propiciar que se respire un maior ambiente lector.
Yolanda Fernández
(Profesora de educación musical).
(Profesora de educación musical).
No hay comentarios:
Publicar un comentario