.jpg)
Este tipo de actividades deberían comezar dende a Educación Infantil,
xa que os contos constitúen unha excelente motivación para a lectura. O conto favorece un desenvolvemento psicomotor,
socio-afectivo e cognitivo, xa que a través deles, establécense unha relación
cos estímulos literarios, plásticos, creativos, imaxinativos... poñendo en
práctica unha ensinanza activa e participativa que permite o perfecto
desenvolvemento da educación integral.
Moitas veces nos
cuestionamos cómo conseguir un completo hábito lector no alumno. Deberemos
lembrar que un bo hábito só comeza a desenrolarse cando na casa se soubo espertar
un interese pola lectura. Deberemos respectar os seus gustos con atención, propoñer sen impoñer, ler demasiado en voz alta e escoitar con moita curiosidade.
Un aspecto importantísimo e
saber motivalos dende moi curta idade. Aprender a ler é unha tarefa complicada
e difícil e senón se produce unha boa motivación colateral, o neno só aprenderá
a ler o que lle manden no colexio, sen máis, e xa non lle quedarán ganas de
seguir esforzándose na casa, sobre todo cando, mirar a televisión, por exemplo,
non require apenas esforzo e tamén é divertido. Na casa, polo tanto temos
unha tarefa sumamente significativa e entretida entre mans.
No hay comentarios:
Publicar un comentario