Vivimos nunha
sociedade na que a imaxe persoal pretende ser o reflexo do noso ser. Somos o
que mostramos? Somos as prendas que vestimos? Somos o que a báscula di? e as
redes sociais, e medios están máis repletas de imaxes e fotos do que se debería
considerar o reflexo da nosa felicidade.
Seguindo esta liña,
os profesionais da actividade física e da saúde, somo asaltados en moitos
momentos con preguntas referentes ao porcentaxe de graxa corporal, Índice de
Masa Corporal e outros aspectos da composición corporal que preocupan a todo o
mundo, porque convertéronse en medios de avaliación física que todo o mundo
manexa.
Por ese motivo,
penso que é importante tomar certa perspectiva entorno a isto. O primeiro que
debemos ter en conta, é que normalmente os valores de composición corporal,
como o porcentaxe de graxa, son valores obtidos a partir de métodos indirectos.
O único método directo é a disección de cadáveres, e polo tanto, o único método
que nos da con exactitude total a cantidade de graxa e do resto de compoñentes.
O resto dos métodos, é dicir, todas as información que recibimos en consultas,
ximnasios e demais lugares son estimacións e polo tanto con certo erro.
Imaxino que os
daredes conta, de que os valores de graxa corporal defiren moito dependendo do
lugar onde vos tomen esta valoración. Un dos motivos destas diferencias parte
da metodoloxía empregada.
A antropometría, é
xunto coa bioimpedancia, un dos métodos máis utilizados. Non obstante cómpre
ter en conta que o cálculo da composición corporal, a partir da antropometría,
emprega diferentes fórmulas que utilizan diferentes variables. Una das
variables, que empregan estas fórmulas para o porcentaxe de graxa, son as
dobras cutáneas.
Para o cálculo do
porcentaxe de graxa existen moitas fórmulas diferentes, que darán lugar a
resultados moi distintos, en función das dobras cutáneas que escollan os
autores. Por exemplo:
A fórmula de Faulkner
(estratexia de De Rose & Guimaraes, 1980) utiliza as dobras do tríceps,
subescapular, suprailiaco e abdominal. E a fórmula de Carter (1982) emprega as
dobras do tríceps, subescapular, suprailiaco, abdominal, muslo e perna. As dúas
fórmulas empréganse para poboación deportistas mais darán resultados moi
diferentes, en función da distribución da graxa subcutánea de cada individuo.
Por este motivo, o
obxectivo desta entrada e reducir a ansiedade de todas esta persoas que se
senten abruadas por tanto dato. Unha boa solución, se o análise o fan por medio
da antropometría, sería quedarse co valor absoluto de cada dobra cutánea e
avaliar a redución directa desta, se fose necesario a redución da graxa
corporal.
Non obstante,
existen diferenzas individuais coas que temos que xogar. É necesario comprender
que cada un é diferente e cheo de posibilidades. Isto non o esquecen nas
ciencias da actividade física e do deporte, na que se ten moi en conta a
correcta realización da detección de talento, e empregan as variables
antropométricas como parte desta.
Nos seguintes
enlaces se mostran estudios realizados no seo do Grupo Gies-10, sobre as
variables antropométricas en Ximnasia Acrobática:
Yaiza Taboada
Iglesias