RECUNCHO PARA PENSAR


Queridos amigos! este espazo vou  levalo eu, unha nena da vosa idade máis ou menos (tampouco fai falla esplicitar moito, non?) Non me gusta dicir a miña idade, ao igual ca miña avoa paterna, todo se hereda, xa sabedes! Non me gustaría crecer! A vós si?

Son unha nena común, unha nena adulta, a que lle encanta pensar, ler, escribir,soñar, imaxinar. Todo o que teña que ver cas letriñas e os seus pensamentos, as miñas amigas dende a infancia e que me acompañan dende entón.

As coñecín como a maioría de vós, no colexio, cando tiña catro aniños. A algunhas as coñecín antes, ao grupo das "vogais, por exemplo, que así se facían chamar. Foi a miña primeira panda. 

Pero eu que nunca me conformo explorei novas cousas e novas aulas e descubrín que non só existía ese grupo, tamén había un grupo moito máis grande e que me ofrecía a posibilidade de seguir aprendendo novas cousas, a banda das "consoantes". Nomes raros, verdade? Será por iso e polas espectativas intelectuais comúns, que decidiron mesturarse e facer unha única bandada chamada, "ABECEDARIO", que a min persoalmente me parece un nome con máis persoalidade e que transmite diversidade.

Nesa panda tamén me inclúo eu, porque ao fin e ao cabo, non son máis que un reflexo de cada unha das letriñas que forman dita comunidade. Grazas a todos os seus compoñentes agora mesmo son quen son.

Aproveitándome das novas tecnoloxías, decidín seguir explorando novas posibilidades, novas aulas virtuais co fin de conseguir novos amigos para o noso grupo e aprender máis cousas. Cando sexa maior quero saber moitas cousas, vós non? 

Cantos máis sexamos máis posibilidades teremos de aprender!

Non todo o mundo pode presumir de ter vinte e sete amigos a miña idade. Normalmente os maiores repiten ata a saciedade "os amigos cóntanse cos dedos dunha man" e eu penso: "Eu teño vinte e sete amigos! O que non teño son vinte e sete dedos!" Por iso, me sinto afortunada de compartir tantas horas con eles.

Con eles podo falar e desafogarme de todo o que quero, contar grazas a eles os meus segredos, os meus pensamentos máis íntimos, os meus enfados con mamá, ler as miñas historias preferidas antes de durmir para soñar e imaxinar novos futuros, grazas a eles, podo facer moitas cousas que me gustaría compartir con todos vós. Pero a vez, tamén me gustaría que vós compatirades comigo as vosas cousas, que de seguro, son realmente fantásticas e interesantes.

Por iso, se me ocorreu facer este espazo, no que todo aquel neno/a ou aquel maior que non decidira crecer, que queira participar e formar parte do grupiño "ABECEDARIO" só ten que enviar calquera historia, experiencia, poema, conto, dúbida, idea, desafogo, anécdota, debuxo, cómic, mito...calquera traballo que creades que debo colgar no noso blog mo enviedes a este correo: grupogies10@gmail.com e eu me encargo de facérvolo público para poder compartir o que queirades.
Veredes como cos amigos "ABECEDARIO" poderemos chegar a facer cousas realmente sorprendentes!

Quen se anima?

Un saúdo camaradas!

Grupo Gies-10. 




3 comentarios:

  1. eu quero queixo con pan!!!
    eu quero xoias a montón!!!
    eu quero nata con mazapán!!!
    eu quero non parar de andar!!!
    eu quero un ledo irmán!!!
    todo isto o quero pero o que máis...
    eu quero o meu amor,o meu talismán.

    Julia, 13 anos.Tui Pontevedra

    ResponderEliminar
  2. El cielo está entablicuadriladrillado, ¿quien lo desentablicuadriladrillará?, el desentablicuadriladrillador que lo desentablicuadriladrille buen desentablicuadriladrillador será.

    ResponderEliminar
  3. El cielo está entablicuadriladrillado, ¿quien lo desentablicuadriladrillará?, el desentablicuadriladrillador que lo desentablicuadriladrille buen desentablicuadriladrillador será.

    Clara, 19 anos, Tui

    ResponderEliminar